Data: 08/07/2006

Fonte: La Comarca del Eo

Título: Coherencia

Autor: Mª Victoria Rivas Fernández

Descrición: Artigo de contestación na pequena polémica da primavera 2006 tendo como fondo o poñerlle o nome de Hernán ó auditorio ribadense. Este artigo está feito nos días da votación do pleno.

Comentarios:

Coherencia

Rara quen non o saiba, a verba “coherencia" fai referencia á conexión lóxica entre o que se pensa, se di e se fai.
Pois ben, con o termo e, por tanto, o título claro, quero facerlle unha aclaración ó señor José María Rodríguez.
Paréceme moi xusto é interesante que se queira equiparar a tódalas figuras relevantes, nun mesmo campo intelectual, que existiron en Ribadeo, pero... "ó César, o que é do César".
Co que non esto dacordo é con que sexa vostede o que deba decidir o nome que recibirá cada institución ou agrupación, máis que nada pola citada coherencia.
Non sei por que alude as ideas políticas, pero este tema daría pe a moitos artigos e discrepancias e non é, para nada, a miña intención facer un percorrido crítico da vida política do pobo con referencia á Banda, á Escola...
Para lembranza de todos: Non hai moitos anos, os amigos, alumnos e compañeiros de Hernán Naval solicitamos que se nos dése a oportunidade de nomear a Escola de Música co nome do noso citado mestre; e por se vostedes non o recordan (eu si) non nos deixaron facelo porque supostamente era a Academia de Música Carlos Álvarez Fernández-Cid. E nos aceptámolo, con máis ou menos resignación, porque ninguén discutiu a importancia de dito persoeiro na vida cultural da vila e por respecto (que nos temos).
Pois ben, a miña dúbida é: ¿a que vén agora que vostede teña a idea de lle poner o nome de Hernán Naval á Escola e á Banda de Ribadeo?
Sen ánimo de ofender a ninguén: o da Banda enténdoo perfectamente (incluso lle podo dar a razón), pero facendo uso da coherencia, no caso da escola non podería ser, porque anteriormente se nos negou ese dereito.
Así que, sen ánimo de ofender, volvo a repetir que ¡a cada un o seu! Hernán Naval merece sobradamente o nome do auditorio porque dito proxecto saiu dunha idea súa, e o señor Carlos Álvarez Fernández-Cid, xa non estaba para poder aportar nada a dito proxecto. Por ¡so, se a escola "non lle pertencía" a Hernán no seu momento, agora non se queira adueñar do que por historia, cronoloxía e coherencia do que vostede mesmo di (que hai institucións... para tódolos persoeiros) non lle pertence.
En canto ó nome da Banda (que non estou moi segura de que se quixera cambiar) esta claro que a Banda que todo o mundo conece se debe fundamentalmente á persoa de Hernán Naval e o actual esforzó de Lourenço Cruz.
Creo que polo momento non teño máis que opinar, aínda que se o considero oportuno o vou facer porque cada un defende o que lle importa independentemente das ideas políticas, hai que ser tolerantes e saber separar os diferentes campos da vida.
María Victoria Rivas Fernández



Volta ó blog de Ribadeo, 'Ribadeando'

Páxina principal do sitio

Páxina principal sobre Hernán