Data: 20/05/2006

Fonte: La Comarca del Eo

Título: Outro ano máis

Autor: Mº Victoria Rivas Fernández

Descrición: No 5º cabodano do pasament ode Hernán. A considerar na pequena polémica da primavera 2006 tendo como fondo o poñerlle o nome de Hernán ó auditorio ribadense.

Comentarios:

Outro ano máis

Viki Rivas Fernández

Vaise achegando a data e non quería faltar a miña cita contigo, sería inxusto, pois ti nunca o farías.

Son cinco anos xa, os que hai que te marchaches, pero se por algunha parte aínda tiñan dúbidas, os teus, xamais te esqueceremos.

Pasaron xa moitos anos, ninguén o pon en dúbida, pero aínda así, non hai moitos días recordeite nun soño:

¡Si, non cabía dúbida, eras Ti! Era venres, e estábamos todos, todo era coma antes, no patio central da Casa do Mar non collía un alfiler. Todos nos riamos e falabamos contentos, mentres montábamos os instrumento, atrís... Non había ningunha ausencia, estaban incluso "aqueles que ti escolliches para que foran contigo", cando sen mediar palabra, subícheste na túa tarima e co teu típico sorriso picaresco nos pedíchela nosa atención, que moi gustosamente che concedemos; e de seguido comezamos co ensaio, e comezamos con El Camino Real (unha das primeiras obras que ti me enseñaches a tocar, aínda que eu a vira imposible de tocar, pero ti erre que erre ata que o conseguiches. E gracias tamén a Fernando, esta peza non se me esquecerá xamais).

Como xa dixen, pasaron xa bastantes anos, pero aínda así, eu non esquecín as túas bromas, nin aqueles apodos que me poñías e que a min me enfadaban tanto; nin tampouco olvido as túas riñas (sempre constructivas), por non levar o trombón para estudiar na casa, por tocar como debíamos, ou como ti querías que o fixesemos, ou por estar dándolle á lingua, en vez de atender o que estabas a dicir...

En resumo, quería que souberas, que pasen os anos que pasen, ti seguirás moi presente na miña vida, e estarás sempre comigo; e se tivera que elixir a alguén como modelo na miña carreira de mestra dende logo téñoo moi claro, ese sempre serías Ti (Hernán Naval Parapar).



Volta ó blog de Ribadeo, 'Ribadeando'

Páxina principal do sitio

Páxina principal sobre Hernán