No cambio de verán-outono do ano 2006 diversos artigos na prensa e actuacións en relación coa implantación dunha piscifactoría en Vilaselán fixeron patente que o castro das Grobas, na mesma zona, era un descoñecido. Así naceu a idea de dar a coñecer o castro cun paseo curto dende o centro do pobo. o 14 de outubro ás 4 da tarde, saíu un grupo de xente a aproveitar a boa tarde para descubrir ou profundizar un pouco máis no castro, que se prevé como o mellor da costa lucense.